"Esta web utiliza cookies para facilitar la navegación por ella y para realizar análisis de su uso, incluida la elaboración de perfiles de navegación con fines publicitarios. Si continua navegando, consideramos que acepta su instalación. Para obtener información detallada sobre las cookies que utilizamos, incluyendo cómo configurar su navegador para rechazarlas, pulse aquí."

restauración

ficha técnica

ELA, PIEDADE DOS SUICIDAS
ELA, PIEDADE DOS SUICIDAS
(edición digital)
2017
58
978-84-9995-262-8
Epublication content package
Galician
3,80
(IVA inc)*
  • comprar ahora

    tu libro al instante

  • Ver dispositivos compatibles
  • ¿Es la primera vez que compras un eBook? Clica aquí

Permisos sobre el eBook

Copiar/pegar: Prohibido.
Imprimible: Prohibido.

DRM o protección anticopia (para saber qué es clique aquí)

Si

sinopsis

Obra gañadora do XI Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques (modalidade adultos) 2014. Segundo o xurado, 'Ela, piedade dos suicidas' é unha nova visita ao vello mito grego de Orfeo e Eurídice que se fixera xa texto dramático na perdida traxedia de Esquilo e que continuou reescribíndose de xeito incesante dando lugar a creacións moi variadas ao longo de máis de dous milenios. Este actual Orpheo é máis poeta que bardo; a súa arte lírica é sortilexio e salvoconduto para obter o privilexio de saír do furado negro infernal. A vontade transgresora da peza move os marcos do gusto hoxe dominantes cunha orixinal mestizaxe de xéneros, pois presenta unha proposta en verso libre que imprime alento de eternidade a unha escena de marcado carácter obxectual, cohabitada por sombras, pantallas, máscaras e, quizais, mómaros. O autor materializa aquel vello soño de Rafael Dieste de atopar o sublime estilo oral das estatuas, recuperando a paradoxal estratexia das derradeiras montaxes do Teatro Antroido, onde unha opulenta disposición de aparellos se batía contra o desposuimento reinante no contorno. A achega, asemade, logra transmitir unha percepción coherente e anovada do mundo, sen abandonar as estruturas definidoras do mito. Somete á nosa consideración cal dos dous ámbitos é máis infernal: o do alén ou o dunha ?vida? que aniquilou a Eurídice por sobredose de heroína na cámara nupcial. Nesas, só os adxectivos son quen a redimirnos. E grazas. Contén esta peza as claves dun proxecto escénico moi ambicioso conseguido mediante o recurso aos obxectos, o que o fai viable nestes tempos de recortes económicos e, xa que logo, de elencos retraídos. A calidade lírica das falas dos personaxes é altísima e dá moita profundidade a unhas figuras dramáticas deseñadas cunha técnica moi rendible e pouco vista hoxe. Reivindica a potencialidade enriquecedora da palabra en escena de modo que o texto se dá a valer coa dignidade propia do que non é un simple pretexto ou produto subordinado.


*Todos nuestros productos incluyen el IVA, ampliar información


comentarios de los usuarios/usuarias