• 0

A CIDADE DOS DESEXOS

Fernandez Paz, Agustin; Uhia, Manolo

Xerais De Galicia

2013

64 Páginas

Formato: Rústica

ISBN: 9788497823036

Idioma: Gallego

Materia: Narrativa 8-12 años

Os protagonistas deste relato son unha panda de tres nenas e dous nenos. O seu lugar de reunión, o Refuxio, é o baixo dunha casa deshabitada. Nuns días instalan no Refuxio unha oficina chamada CPIF, Centro de Promoción de Iniciativas Fantásticas. Decidense a chamar. Ábrelles Ana, invítaos a pasar e explícalles que o seu traballo é procurar que se fagan realidade os desexos da xente. Os da panda cren que a muller está burlándose deles. De repente Ana comeza a elevarse e queda flotando no aire, á altura do teito. Así, os cinco acaban crendo nos poderes daquela muller. De alí a uns días, Ana dilles que lles vai cumprir tres desexos. Eles, despois de pensalos, pídenlle que na cidade volva haber árbores, que regresen os paxaros e que nunca máis sexan negras nin grises as palabras da xente. Coa intervención de Ana, a panda consegue que volvan medra-las árbores mesmo por riba do asfalto, que os paxaros veñan á cidade atraídos pola grande cantidade de árbores que hai nela e o terceiro desexo xa se cumpre sen a intervención de Ana, porque a xente comeza a estar alegre e feliz naquelas rúas cheas de árbores e paxaros.

8,25 € IVA incluido

Temporalmente sin stock

Cómpralo ahora y te lo enviaremos cuando tengamos stock.
El cobro a tu cuenta se realizará sólo cuando se envíe el producto.

Comprar

Regala esta Navidad

Laie te recomienda

Novedades